RETROSPECTIVA 50 ANOS DE PRESENCIA ESCOLAPIA NA CIDADE
O pasado vernes día 31 de outubro tivo lugar a inauguración no Forum Metropolitano da exposición retrospectiva "50 anos de presencia escolapia na cidade" realizada por D. Alfonso Fernandez Bernardez, arquitecto e profesor de debuxo do centro coa inestimable colaboración de Antonio Arregui e Manuela Prieto. A expo estará aberta ata o 11 de novembro e despois voltará a noso colexio. Ven a ver o sono de Calasanz na nosa cidade. Lembrade que para ver todas as derradeiras noticias relacionadas con o 50 aniversario podedes visitar o ESPECIAL 50 ANOS. Pica nas fotos para ver o ESPECIAL GALERÍA DE FOTOS.
XUÑO, 2014:PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA

No marco da celebración do 50 aniversario tivo lugar a finais do curso 2013-2014 unha peregrinación a Santiago de Compostela con os clasutros de Monforte e Coruña. Pica nas fotos para velas máis grandes.

28,29,30 ABRIL, 2014:CONVIVENCIA CON MONFORTE

No marco da celebración do 50 aniversario da presenza escolapia en A Coruña, desenvolveuse o día 30 de abril una convivencia deportiva, organizada por D. Manuel Losada entre alumnos de 1º da ESO dos Colexios Escolapios de Monforte e A Coruña. Pica nas fotos para velas máis grandes.

26 ABRIL, 2014: DÍA DO ANTIGO ALUMNO
por Julia Tuset, antiga alumna
De toda a vida os paxariños contaron historias.Este, de seguro, preparaba o guión da próxima. Intelixente el, ollaba atentamente o tránsito da urbe coruñesa, ao tempo que, con omnisciencia se insería a través da fiestra na notoria alegría daqueles que, ben 50, 40 ou 4 anos despois, pasaban polas aulas do Colexio que os viu medrar. Pica nas fotos para ir ao ESPECIAL FOTOS e ver as fotos da celebración do Dïa do Antigo Alumno con motivo do 50 aniversario. Pica na foto da dereita feita por unha antiga alumna para vela máis grande
ENTREVISTA A PAIS, ANTIGOS ALUMNOS DO CENTRO
por Soraya Porto
Co gallo da celebración do día do Antigo Alumno, dentro dos actos conmemorativos do cincuentenario do Colexio, unha reportera do Ideal Galego, entrevistou a un grupo de Antigos alumnos que hoxe en día son tamén pais de alumnos. Foi unha charla moi agradable na que pais e filos recordaron e compartiron peripecias. Un auténtico orgullo para o noso colexio. Pica nas fotos para velas máis grandes. Le a noticia en EL IDEAL GALLEGO
XANEIRO,2014: CELEBRACIÓN 50 ANIVERSARIO
O pasado 21 de xaneiro deuse o pistoletazo de saída dos actos de celebración do noso cinquentenario. A celebración dunha Eucaristía, presidida polo Arcebispo de Santiago, D. Julián Barrio, e coa presenza do P. Provincial, marcou o comezo da conmemoración dos 50 anos de misión escolapia na cidade da Coruña. Xa podedes visitar o ESPECIAL 50 ANOS onde atoparedes o itinerario dos distintos actos a realizar dentro deste ano así como as novidades referidas a eles.Tamén tedes a vosa disposición as fotos desta primeira celebración. Pica nas fotos para ir ao especial .

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA