galego
castellano

PRESENTACIÓN E PROXECTO EDUCATIVO
"Comunidade Educativa, dilixente coa Nosa Misión"

 

Somos unha escola de Igrexa que, seguindo o proxecto educativo de Xosé de Calasanz, propugna unha educación integral, pluralista e non discriminatoria para colaborar na reforma e transformación da sociedade mediante a busca da Verdade e o discernimento de valores dende a fe e á luz do Evanxeo.

En palabras do fundador: “Será, polo tanto, cometido do noso Instituto aprender aos nenos, dende os primeiros rudimentos, a lectura correcta, escritura, cálculo e latín, pero, sobre todo, a piedade e a doutrina cristiá; e realizalo coa maior habilidade posíbel”. (nº 5 do Proemio das Constitucións de 1622)

Piedade e Letras.

Fe e Cultura.

Espiritualidade e Técnica.

O grande reto da escola: a educación integral da persoa

 

calasanz

PEC Reglamento Interno Caracter Propio
O Proxecto Educativo de Centro (PEC) é o marco xeral de referencia que vertebra o Centro Educativo e o fai realidade organizada e culturalmente significativa explicitando as súas opcións e aspiracións. Como fontes de inspiración para a súa elaboración tivéronse presentes os documentos e leis que rexen o noso sistema educativo, a historia e identidade da Orde das Escolas Pías (fundamentalmente dous documentos actuais: A nosa Resposta Educativa e O Carácter Propio dos Centros Escolapios e a realidade socio-cultural do noso propio centro. O noso PEC está dividido nos seguintes apartados: Introdución - Situación Socio-económica e cultural da zona de influencia do centro - Quen somos? - Que queremos? Como nos organizamos?

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA