galego
castellano
CURSO 2011-2012 - TABOLEIRO DE ANUNCIOS / NOVIDADES

CAMPAÑA NADAL DAS


ACTUACIÓN DO NOSO CORO

O Coro do noso colexio participará no III Concurso de Panxoliñas que organiza o CC. Os Rosales. Será este sábado día 10 ás 18h00. O xurado estará formado por un compoñente de cada colexio que poderá votar a todos menos ao seu. A nós representaranos a nosa profesora Rosa María Martínez Tajes. O primeiro ano participamos co tema "Que Nos Traerá?", unha composición de José Luís Míguez creada para a ocasión e coa que gañamos o concurso. O premio foi un mp3 para cada neno e un portátil para o coro. Este ano participaremos cunha nova composición de José Luís Míguez titulada "Chega Ou Nadal". Esperamos que nos acompañedes neste día tan especial. Moitas grazas.

CELEBRANDO A NOSA FESTA DE CALASANZ

Comeza a nosa festa. Entramos na semana de Calasanz. Este curso centrarémonos na lema xeral da provincia, "ESCOLAPIOS:MULTIPLICANDO VIDA DESDE CALASANZ". Nesta semana alumnos e profesores preparan a festa. Os días 24 e 25 serán uns días de convivencia especiais, especiais como o foi Calasanz.

Para ver algunhas fotos dos alumnos e profesores preparando a festa pica aquí no NOSO DIARIO. En breve colgarase na páxina un especial sobre a festa.


POSTA EN FUNCIONAMENTO DE "EDUCAMOS"
A nova plataforma e programa de seguimento escolar EDUCAMOSxa está en marcha. Para recoller os códigos, os pais ou titores terán que achegar o DNI. Para recoller os códigos do cónxuxe, precisarase autorización. Unha vez téñanse as claves pódese acceder no MENU:SERVIZOS-SEGUIMENTO ESCOLAR ou picando na foto seguinte, que tamén teñen na páxina inicial ou portada
 

Importante: Para ver a páxina de Educamos correctamente deben entrar polo navegador MOZILLA. Descargade aquí a última versión.

 

 

 

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA