galego
castellano

css3menu.com

 


OOOO EDLG

Coordinadora:
Lorena Martínez Xuncal

OBXECTIVOS E COMPOÑENTES
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega constitúese, segundo as normas estabelecidas, co obxectivo de coordinar, planificar e promover actividades encamiñadas a conseguir o uso do galego dentro do centro escolar, e tamén para incidir na comunidade educativa con actividades que fomenten o uso normal da lingua galega.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro está formado por un grupo de profesores, alumnos e un membro do persoal non docente, cada día máis identificados coa filosofía do mesmo, que non poderán levar a cabo o seu labor sen a colaboración de numerosos membros da comunidade educativa, que usan o galego nas súas tarefas e axudan a materializar as actividades na medida da súa vontade e compromiso persoal.

 

 

BACTIVIDADES E ACCIÓNS DINAMIZADORAS MÁIS SALIENTABLES

PROGRAMA DE RADIO
A FUME DE CAROZO
REVISTA CROA BLOG LINGUA PARA AMAR
Obradoiro de radio en https://cuacfm.org/directo/, todos os martes de outubro a maio, de 17:00 a 18:00 h. Prepárase material para emitir (artigos, crónicas, entrevistas, lecturas, música...), supervisado polos membros do EDLG do centro e coa participación de alumnos e profesores das distintas etapas. Unha vez emitidos pódense escoitar aquí: https://cuacfm.org/radioco/programmes/a-fume-de-carozo/. Os útlimos enlaces aquí:
A revista CROA naceu no curso 1987/88. Un grupo de alumnos de 3º BUP pedíronlle a Benito Paz Trelles, o daquela profesor de Galego dos alumnos maiores, a creación dunha modesta revista escolar para canalizar as súas inquietudes sociais e artísticas en galego. Continuaba a experiencia comezada en anos anteriores con outros boletíns ou revistas como "Veleiquí". Segue lendo...
Poderás atopar novas interesantes relacionadas coa dinamización da Lingua Galega,un recuncho literario cos poemas, relatos que elaboredes nas aulas e recursos lingüísticos, literarios e culturais aos que poderedes acceder para traballar na nosa lingua.
Picade na foto:

Croa 2004 Primeiro Número Cora 1987


LETRAS GALEGAS SAMAÍN ELABORACIÓN DE MATERIAIS
Cada ano elabórase unha actividade diferente para celebrar este día tan importante adicado á nosa lingua e ás nosas letras. Na sección VÍDEOS E ESPECIAIS DE FOTOS poderedes ver a actividade do Dicionario Visual da letra A e B. Esperamos continualo no seguinte curso.
Recuperación desta festa tradicional, co baleirado e a decoración de cabazas, para dala a coñecer entre o alumnado máis novo (Infantil e Primaria).
ENTROIDO
.Festexo para dar a coñecer toda a tradición que conleva esta celebración aos alumnos de Infantil e Primaria.

Tríptico “Coñezamos os nomes das nosas rúas”. Folleto con enderezos de Internet.

 

 

 

B

 

AVISO LEGAL / POLÍTICA DE PRIVACIDADE

 

Colexio Calasanz- PP. Escolapios - Casa de Escolas Pías de A Coruña (PP.Escolapios) - Estrada dos Fortes n º 10, 15011 A Coruña
Teléfono: 981 25 36 84 - 638855481- 638873409 / Fax: 981 25 40 29
Buzón de suxerencias e correo electrónico de Dirección:
dir.coruna@escolapiosbetania.es