Estimadas familias:
Como xa sabedes, o Departamento de Acción Social levou a cabo este pasado nadal a CAMPAÑA NADAL SOLIDARIO 2011 que consistía en diversas accións encamiñadas aos máis necesitados. Queremos agora compartir convosco a nosa satisfacción e facer balance da campaña, pero sobre todo, transmitirvos a nosa GRATITUDE POLA VOSA COLABORACIÓN desinteresada. A pesar dos duros momentos de crise que estamos a pasar, a vosa solidariedade fixo posible que esta campaña fose de novo un éxito rotundo.
RIFA SOLIDARIA
Recadáronse un total de 2.820 euros, que xa se destinaron ás seguintes institucións
-RENACER (asociación de axuda ao inmigrante)
-SOR EUSEBIA (atención ao enfermo e desamparado)
-FUNESO (Fundación educativa solidaria Calasancia, proxectos educativos India e Colombia)
-Escuelas Pías Filipinas
OPERACIÓN QUILO
Alimentos doados a:
-RENACER (asociación de axuda ao inmigrante)
-REFUXIO I.B.S. PADRE RUBINOS (atención ao desamparado)
-MANS UNIDAS
-COCINA ECONÓMICA
-CENTRO RETO ( reinserción de persoas con problemas de drogadicción)
-SOR EUSEBIA (atención ao enfermo e desamparado)
-AAVV O Campanario (familias sen recursos O Portiño)
-Particulares sen recursos
OPERACIÓN XOGUETE:
Decenas de sacos doados a:
-AAVV O Campanario (familias sen recursos O Portiño)
-Mans Unidas
-Particulares sen recursos
-Relixiosas Betanzos (Misións)
VOLUNTARIADO:
O noso "grupo de mozos solidarios" visitaron este nadal:
-CENTRO RETO ( reinserción de persoas con problemas de drogadicción)
-Cociña Económica
-Residencia de Anciáns PADRE RUBINOS
Ademáis, deixámosvos a dirección onde saímos nas noticias de OPINION.ES e unhas fotos da campaña, esperamos que vos gusten. Ata pronto!
|