Como todos os anos, o Departamento de Pastoral, con Alberto Felípez á fronte e coa colaboración de todos os profesores, alumnos e persoal non docente organizou a nosa festa de Calasanz. No acto inaugural, presentado por Adrián Eguizábal, profesor do centro, reunímonos todo o colexio para celebrar a vida e obra de Calasanz. O lema deste ano “Multiplicando a Calasanz” quedou visible no estupendo Cartelón elaborado polos profesores de Debuxo da ESO e Bacharelato, Nela e Alfonso, coa colaboración de voluntarios. Representantes de profesores, alumnos e persoal non-docente despregaron a pancarta e o Pai Arturo fixo o discurso inaugural. Así mesmo fíxoselle entrega á alumna de Bacharelato Rebeca de la Iglesia do primeiro premio literario do I Certame Literario de Relatos Breves polo seu relato "Un verán en África”. Antes do acto inaugural preparáronnos chocolate quente para ir quentando motores. Xa no pavillón e tras o despregamento do Cartelón celebramos a festa. Vivimos uns momentos alegres e de irmandade bailando ao ritmo da nosa canción "Houbo Un Home", himno de Calasanz..
|
Despois do pavillón continuamos a nosa festa. Os alumnos e titores de Bacharelato xunto con voluntarios do DAS amenizáronnos a mañá aos máis pequenos con xogos e pintándonos e maquillándonos para pasalo aínda mellor. Este ano, como gran novidade, durante as festas do noso Patrón puxemos en marcha o Primeiro Torneo de Xogos Populares e Tradicionais para alumnos de Primaria e o tres primeiros cursos da ESO (Xincana). Cada titor exerceu de capitán do seu grupo e dividiu a súa clase en tres equipos, de maneira que cada clase participou tres veces en cada xogo, para enfrontarse aos seus homólogos. Os alumnos de Cuarto da ESO colaboraron de forma determinante na organización e desenvolvemento destes xogos. Así mesmo celebrouse o cásting de Intercentros organizado por Luís Barreiro. Houbo varias modalidades: solistas, grupos, etc. Pasámolo moi ben e todos o fixeron estupendamente. Ao acabar a mañá todos os alumnos e profesores de ESO e Bacharelato reunímonos na capela co Pai Salvador para celebrar a nosa misa de Calasanz. Foi unha celebración especial como especial foi Calasanz. Pola tarde seguimos nas clases e no pavillón a nosa festa cos compañeiros/as. Compartimos xogos, bailes e moitas chuches. Alberto Felípez e Almudena maquilláronnos e pintáronnos o pelo de cores.
|
Organizouse o concurso “TI SI QUE VALES” para os alumnos/as de 3º e 4º E.P. O xurado foron os profes de 2º ciclo. Os nenos/as que participaron prepararon actuacións de todo tipo: baile, canción, teatro, patinaxe, maxia, chistes, etc. Ao final entregáronse diplomas a todos os participantes e chuches.
Ao día seguinte, os alumnos do terceiro ciclo de primaria fomos ver unha película no colexio Calvo Sotelo. Os alumnos de ESO e Bacharelato continuamos a festa con varias celebracións deportivas . Como todos os anos, organizados polo profesor de Educación Física, Manuel Losada, tivemos varios partidos de fútbol, baloncesto e volleyball entre as clases de ESO e Bacharelato. Así mesmo, as profesoras xogaron un partido de brilé con alumnas de Bacharelato e os profesores xogaron un partido de fútbol cunha selección de cada clase da ESO.
Tamén tivemos unha celebración deportiva moi especial: O PARTIDO DE HOMENAXE A CELSO, organizado por Jesús Díaz, quen nos conta:
|
“O pasado día 25, celebración da xornada festiva de Calasanz, no pavillón do noso cole celebramos un partido de fútbol entre un equipo de profes e un equipo de alumnos e alumnas de 6º de Ed. Primaria. Este partido serviu para facer unha homenaxe a D. Celso López, extraordinario profe, xogador e persoa, que tras 41 anos no noso Centro, achégase á súa despedida das aulas tras un intachable labor profesional. Lucía López, filla de Celso e profesora/coordinadora do primeiro ciclo de Ed. primaria, fixo entrega dunha camiseta co seu nome e o número 10, que a partir de agora, en honra ao gran capitán, non se volverá a usar. O encontro foi moi emocionante e acabou coa axustada vitoria por 6 goles a 5 dos profes. No equipo de profes xogaron: Pipe, David, Adrián, Jose, Diana, Luís e Felipe. E polos nenos/as de 6º E.P.: Óscar, Juárez, César, Marcos, Diego, Pablo, Carlos, Laura, Emma, Andrés e Nerea.”
Tras estes días de celebración continuaremos co noso día a día pero cunha gran inxección de ilusión e vitalidade, vitalidade que nos dá a figura do noso Patrón e mestre, San Xosé de Calasanz. |