%@ Page CodeBehind="depaccionsocial.html.cs" Language="c#" AutoEventWireup="false" Inherits="WebCalasanz_asp.ga.depaccionsocial" %>
"...O principio da sabedoría é o temor de Deus"
"...Nada hai máis precioso có Tempo"
O Departamento de Acción Social coordina e dinamiza de forma sistemática a educación dos alumnos na xustiza, na paz e na solidariedade (Acción Social) en todas as etapas e niveis do Centro nunha dobre dirección: por un lado, anima e favorece campañas de concienciación social no ámbito escolar; e por outro, propón e acompaña experiencias de voluntariado cos alumnos.
Neste curso trátase de realizar a opción calasancia polos máis necesitados seguindo o espírito da escola inclusiva.
É unha chamada a estar agradecidos polo que temos, e que ao compartir sexamos creadores de sorrisos entre aqueles aos que a necesidade non deixa sorrir.