Colegio Calasanz

PP. Escolapios A Coruña

"...El principio de la sabiduría es el temor de Dios"

"...Nada hay más precioso que el Tiempo"

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Obxectivo Xeral

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Colexio Calasanz – PP. Escolapios da Coruña constitúese, segundo as normas establecidas, co obxectivo de coordinar, planificar e promover actividades encamiñadas a conseguir o uso do galego dentro do centro escolar, e tamén para incidir na comunidade educativa con actividades que fomenten o uso normal da Lingua Galega.

Compoñentes

  • Coordinación:
    • Dª. Guadalupe Martínez Mosquera
  • Profesorado:
    • Infantil: Dª. Belén Carro Carro.
      • Dª. Lara Casares Uriz.
    • Primaria: Dª. Mª Begoña Campos
      • Dª. Lucía Fiaño Rodríguez
      • D. José Luis Míguez Couto
    • E.S.O e Bacharelato: D. Roberto Catoira Viñán
      • Dª. Mª Begoña Iglesias Rey
      • D. Adrián Rodríguez Rodríguez
      • D. Francisco Rúa López
      • D. Telmo Varela Varela
  • Persoal de Administración e Servizos:
  • Dª. Ángela Travieso Martínez.
  • Alumnado:

    Dª. Rebeca De la Iglesia, D.Alejandro Rego, D.David Tomé y D. David Fontán

  • Colaboradores: Profesores e alumnos dos diferentes niveis e ciclos.

Actividades normalizadoras e dinamizadoras xerais

  • Colaboración na elaboración do Plan Lingüístico do Centro (P.L.C).
  • Realización do proxecto sociolingüístico de Centro (P.S.C).
  • Representación do Centro nas Xuntanzas de E.N.D.Ls con outros Colexios
  • Participación en encontros, cursos e xuntanzas, de normalización e dinamización lingüística para compartir experiencias, actualizar contidos....
  • Fomento da colaboración interdisciplinar para a realización de actividades en galego
  • Distribución aos distintos departamentos de información sobre o material publicado en galego.
  • Fomento da lectura en galego cun aumento na dotación de libros á biblioteca xeral do Centro e ás bibliotecas de aula.
  • Promoción, a través de xogos e outras actividades lúdicas, do uso do galego nas actividades informais do alumnado.
  • Colaboración na tradución da páxina web do centro na súa versión galega.
  • Elaboración e/ou traducción dos comunicados internos e mais as comunicacións aos pais dos alumnos en galego.
  • Adquisición de material bibliográfico e audivisual en galego para estender o seu uso.
  • Colaboración cos Departamentos de Acción Social e Pastoral, con outros Seminarios... do centro na realización de diferentes actividades e na traducción de documentación.
  • Colaboración co Departamento de Orientación na elaboración de unidades didácticas para traballar no Plan de Acción Titorial e na tradución de documentación pedagóxica.
  • Coordinación e redacción da revista CROA.
  • Participación no Premio Literario" "Frei Martín Sarmiento", xunto con outros centros educativos, no que os alumnos se constitúen como xurado-lector.
  • Realización de Contos Cooperativos.
  • Recuperación das festas tradicionais galegas (Samaín, Entroido...)
  • Participación na actividade lúdico-deportiva do Correlingua.
  • Celebración do Concurso Cultural.
  • Celebración das Letras Galegas.
  • Actividades relacionadas co manexo do idioma galego e as novas tecnoloxías (politonos, fotonovelas, curtametraxes...).
  • Relación con asociacións e organizacións do contorno do centro a través de actividades de fomento do uso do galego.


Desarrollado por Estudio Adumbro. Diseño gráfico, web y multimedia.