galego
castellano
O NOSO DIARIO
TERCEIRO TRIMESTRE


31-CAMPAÑAS CONTRA A FAME
Departamento de Acción Social

Durante o mes de febreiro, tiveron lugar, para todas as etapas educativas diferentes accións e campañas encamiñadas á concienciación para a loita contra as inxustizas que provocan a fame no mundo. Ademais recadáronse 2701 euros que foron doados a institucións benéficas locais e á ONG Calasancia (FUNESO) que está encargada de proxectos educativos en países en desenvolvemento. Achegámosvos as referencias en prensa,o agradecemento a toda a comunidade educativa (familias, alumnado, profesorado, comunidade e persoal non docente) ademais dunhas fotos da operación bocata, o marathón solidario e a sopa solidaria. Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.! Pica nas fotos para velas máis grandes.

30-VISITA Á COCA COLA
4º Primaria
Os rapaces e rapazas de 4º E.P. decidimos deixar a aula durante unha  mañá para pasala aprendendo algo diferente, e que mellor maneira de pasala que tomando una “Coca-Cola” no propio lugar da súa fabricación?  Agora xa coñecemos todos os segredos desta rica bebida e de todas as da súa familia (ben, de “ case”  todas). Pica nas fotos para velas máis grandes.

29-VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES
3º Primaria

Os días 18 e 19 de xaneiro os alumnos/as de 3º E.P. visitamos o Museo de Belas Artes. Aprendemos moitas cousas sobre os distintos tipos de cadros: retratos, paisaxes, bodegóns... e sobre a súa temática: cadros costumistas, mitolóxicos, etc. Despois de percorrer as distintas salas, realizamos un taller no que puidemos crear a nosa propia sala de exposicións con cadros que nós mesmos debuxamos e outros aos que lles puxemos marco. Foi unha mañá chea de arte!Pica nas fotos para velas máis grandes.

28-CALASANZ Á PISTA DE XEO!
por Emma Rivas de 6ºC

O martes pola mañá os alumnos de 5º e 6º fomos a patinar sobre xeo. Estreamos co autobús a 3ª Ronda. Chegamos sobre as 10. Estivemos unha hora pasándoo en grande con caídas, resbalones e mazaduras dos máis novatos; pero, ao final, valeu a pena e esperamos volver o ano que vén. Pica nas fotos para velas máis grandes.


27- REBECA DE LA IGLESIA, PREMIO EXTRAORDINARIO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA

Dende aquí felicitamos á nosa alumna Rebeca de La Iglesia xa que resultou gañadora dun dos premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendimento académico correspondente ao curso 2010-2011

26- ROMA 2011
por Rebeca De la Iglesia

Do 15 ao 19 de decembro os alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato fixemos unha viaxe cultural a Roma. Foron cinco días inesquecibles, nos que vimos moitas e moi interesantes igrexas (como a que alberga a tumba de San Xosé de Calasanz), piazzas, ruinas, museos e obras de arte..., ademais de perdernos polas rúas da cidade, comer pasta ata quedar cheos, subir 551 chanzos ata chegar á cúpula da basílica de San Pedro (e despois baixalos!)  e sobre todo pasalo moi ben. Creo que todos gardaremos  na nosa memoria un recordo moi bo desta viaxe. Gracias aos mestres que nos aturaron!!Visita a galería de fotos facendo clic na foto.

 

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA