galego
castellano
O NOSO DIARIO

25- VISITA OS ESPECIAIS DO NADAL E DA NOSA FESTA DE CALASANZ

24- CHEGA O NADAL
Coro Calasanz

Chega o Nadal e con ela a nova panxoliña do coro do Colexio, "Chega O Nadal", composición do noso profesor José Luís Míguez. Para escoitar esta panxoliña e outros temas interpretados polo coro visitade a sección HIMNO E CORO. Alí tamén poderedes ver máis fotos e poderedes escoitar o fragmento dun deses temas que se presentaron en Cadea 100 para un concurso de panxoliñas dentro do programa "Buenos Días, Javi Nieves".


23- UN DEBUXO E UN POEMA
Preparando o Nadal. Nestas datas tan especiais queremos compartir convosco o que dous dos nosos profesores realizaron. Anabel Trillo, profesora de Infantil obséquianos cunha magnífica postal do Nadal e Jesús Díaz, profesor de Primaria cun poema. Facede clic nas fotos para velas máis grandes.

22- EXPOSICIÓN TRABALLOS "COÑECEMENTO DO MEDIO"

Alumnos de 5ºC Primaria
Co motivo do Día da Constitución, Adrián, o noso profesor de Medio en 5ºC, mandounos facer un traballo que falase da mesma, do Goberno de Galicia, o Parlamento, a Xunta, os símbolos da nosa Comunidade e as nosas festas. Fixemos os traballos na clase e por grupos de 5 alumn@s. Podes atopar a exposición no corredor da nosa clase, achégate!

21- OS VOLUNTARIOS DO DAS, LEVAN O NADAL AO "PADRE RUBINOS"
Departamento de Acción Social
Dentro das visitas programadas no voluntariado dos nosos alumnos/as do Departamento de Acción Social ao IBS Padre Rubinos, os nosos alumnos e alumnas están a axudar a decorar a Residencia de Anciáns con espírito do Nadal. Nas imaxes, por exemplo, podemos observar como na súa última visita, os residentes e os voluntarios/as do DAS confeccionaron árbores de nadal que xa poboan o IBS Padre Rubinos. Nos próximos días os nosos mozos/as do DAS seguirán co seu labor, axudando a que os maiores do centro poidan gozar destes días de festa, ademais de por o remate final o día 20 de decembro, cun concerto de panxoliñas para os anciáns residentes. Manterémosvos informados...seguimos de voluntariado!

20-MÚSICA E MATEMÁTICAS
Alumnos de 2º ESO

O pasado día 18 de novembro os alumnos de 2º de ESO tiveron un encontro coa música dentro do programa "Música e Matemáticas". Algunhas das nosas alumnas foron entrevistadas para un programa da televisión galega. Pica nas fotos para velas máis grandes.


19-PREPARANDO A NOSA FESTA DE CALASANZ

Comeza a nosa festa. Entramos na semana de Calasanz. Este curso centrarémonos na lema xeral da provincia, "ESCOLAPIOS:MULTIPLICANDO VIDA DESDE CALASANZ". Nesta semana alumnos e profesores preparan a festa. Os días 24 e 25 serán uns días de convivencia especiais, especiais como o foi Calasanz.

18-MAGOSTO

O A.M.P.A. organizou un "MAGOSTO" o día 14. Pica nas fotos para velas máis grandes.


17- OS FUTUROS CONSELLEIROS VISITAN O QUE SERÁ O SEU LUGAR DE TRABALLO
Os alumnos de 4º de Primaria visitan o Parlamento Galego
16-PRIMEIRO PREMIO LITERARIO

Rebeca de la Iglesia López, alumna de 1º de Bacharelato, obtivo o primeiro premio do I Certame Literario de Relatos Breves "P. Manuel Delgado Montoto", convocado pola Provincia Escolas Pías de España Terceira Demarcación. O seu relato "Un verán en África" conta a experiencia de dous estudantes que deciden pasar as súas vacacións de verán como misioneiras nun poboado africano. O próximo 24 de novembro farase entrega do premio a Rebeca no acto inaugural da Festa de Calasanz. Dende aquí dámoslle o parabén..

15- CONVIVENCIA
Departamento de Pastoral.

O sábado, 19 de novembro tivo lugar no colexio a convivencia do grupo Amencer, que habitualemnte ven celebrándose todos os anos coincidindo coa festa de Calasanz. neste caso, e tendo en conta o noso lema "Escolapios ... multiplicando vida dende Calasanz" preparamos as nosas actividades para esta gran xornada. Pola mañá se realizouse unha gincana con diferentes probas onde os alumnos/as puideron amosar diferentes habilidades e onde coñecimos un pouco máis de preto a trayectoria de San Xosé de Calasanz; trala gincana e un momento para a reflexión tiveron o seu momento de tempo libre e comeron todos xuntos no pabellón, pola tarde pechouse esta convivencia cunha cerimonia relixiosa presidida polo P.Salvador onde los alumnos/as tamén puideron participar así como algunhas familias que tamén asistiron á mesma


14-CAMPAÑA RECOLLIDA MÓBILES EN DESUSO
Departamento de Acción Social.
En España existen hoxe en día máis de 55.000.000 liñas de teléfonos móbiles, para pouco máis de 46.000.000 de habitantes. A este impresionante número de terminais deben agregarse aqueles móbiles máis antigos que son substituídos e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo, sendo a taxa de reciclaxe menor ao 5%. Se multiplicamos estes números para os países do chamado mundo desenvolvido?, as cifras son arrepiantes. Ao mesmo tempo, a explotación do coltán, un valioso mineral que fai posible a tecnoloxía dos nosos móbiles, computadores e consolas, está no centro dos conflitos bélicos que producen millóns de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. A minería ilegal explota man de obra infantil ou semiesclavizada, destruíndo ademais os hábitats de moitas especies como os chimpancés e gorilas, en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación.

Queres saber como podes axudar ti a diminuír esa demanda, reciclar e xerar recursos para protexer eses ecosistemas?Coa túa axuda poderemos:-reutilizar terminais e reducir a insustentable demanda dos seus compoñentes -reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio -participar como colexio na campaña movilízateporlaselva.org colaborando no seu proxecto de apoio ao desenvolvemento de cidadáns congoleños, e aos programas de educación. Se desexas colaborar: Deposita gratuitamente móbiles en desuso nos dous puntos que o equipo do departamento de acción social do colexio situará en Portaría e na carteleira do departamento (saída recreos). Para máis información: dep.das@escolapiosacoruna.es. MOITAS GRAZAS POLA vosa ATENCIÓN.

13- PROGRAMA QUÉROME. TUTORÍAS HÁBITOS SAUDABLES
Departamento Acción Social

Empézanse a observar polos corredores do noso colexio os traballos finais das titorías en Educación Secundaria sobre hábitos saudables preparadas polo Departamento de Acción Social, que nesta avaliación xiran en torno ao tabaquismo. Deixámosvos unhas fotos dos primeiros traballos expostos polos nosos alumnos, ademais dos documentos que traballaron os nosos mozos e mozas nas súas respectivas clases.


12- VOLUNTARIADO I.B.S.PADRE RUBINOS
Departamento Accón Social

Xa está en marcha o voluntariado que cada ano leva aos nosos alumnos máis solidarios ao Instituto Benéfico Social Padre Rubinos. Alí, acompañados por unha terapeuta ocupacional e por membros do departamento, realizan todos os martes e xoves actividades cos residentes. Esta actividade, une interxeracionalmente aos nosos alumnos e alumnas do Grupo de Mozos Solidarios do D.A.S. cos anciáns residentes no Padre Rubinos.Deixámosvos un dossier explicativo da actividade e unhas cantas fotos da súa primeira visita. Ademáis, os residentes estan a elaborar unha revista realizada por eles, e queren compartila connosco, adxuntámovola tamén Seguimos de voluntariado...Manterémosvos informados!!! VER DOSSIER


11- EXPOSICIÓNS TRABALLOS COÑECEMENTO DO MEDIO
polos alumnos de 5º B de Educación Primaria
Na clase de 5ºB o noso titor David mandounos facer un traballo en Coñecemento do Medio, con cartolinas, fotos e definicións de animais, pero teñen que ser da nosa Comunidade Autónoma, Galicia. Por grupos de dous ou tres escolleron os seguintes animais: a marta, o oso pardo, o morcego, os tórtolos, o corzo, o gamo, o raposo, o lagarto o estorniño pinto e o gato montés. Esperamos que vos guste a exposición do corredor da clase de 5ºB.

10- MURAIS OUTONO
5º Educación Primaria

Os alumnos e alumnas do tres quintos de Educación Primaria realizaron durante as últimas datas nas clases de plástica da profesora Mariluz  uns preciosos murais sobre o outono confeccionados con follas caídas das árbores que poboan e dan cor aos arredores do noso colexio. Devanditos murais, froito do esforzo e do traballo en grupo dos nosos alumnos e alumnas, están expostos nos corredores de E.Primaria.


09- VISITA O ESPECIAL DO SAMAÍN
Os alumnos de infantil y Primaria lembran as tradicións galegas
08-TEMPO PARA LEMBRAR: HISTORIA DO NOSO COLE

Na década dos cincuenta xorde a idea de estender a presenza escolapia por Galicia, pois, pechado Celanova antes da guerra civil, quedaba reducida á cidade de Monforte de Lemos. É esta comunidade a que loita en favor da fundación; até 1964, gobernando a Provincia o P. Agustín Turiel, non callou o intento. O reitor da comunidade de Monforte, Esteban Trasfogueiro, asesorado polo P. Alfonso Díez e recibindo poderes para buscar e adquirir terreos, elixe máis de dez mil metros cadrados por un valor superior ao cinco millóns e medio de pesetas nos arredores da cidade.Unha pequena comunidade chega e abre as súas escolas nuns locais provisionais da rúa ou paseo de Ronda, nº 54. Era o mes de outubro.O proxecto inicial do novo colexio era ambicioso: tras adquirir terreos complementarios pénsase en «unha cidade dos raparigos» Pica na foto para ler máis e ver algunhas fotos.

07- CAMPAÑA DO DOMUND
Pastoral

O día do Domund é o día en que a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora con eles economicamente no seu labor, que con frecuencia se desenvolve entre os máis pobres. Cos donativos constrúense templos, cómpranse vehículos, aténdense proxectos sociais, sanitarios e educativos...Nestes días bríndasenos a oportunidade de axudar aos máis necesitados. Cun pequeno xesto, podemos colaborar para que o mundo sexa un pouquiño mellor. Grazas pola túa colaboración.
Na foto: Os alumnos de 4º de Primaria seguimos sendo solidarios. Pica na foto para vela máis grande.


06- VOLUNTARIADO RESIDENCIA DE ANCIANOS IBS PADRE RUBINOS
Departamento de Acción Social

O vindeiro xoves día 3 de novembro comezarán xa as visitas semanais dos nosos/as alumnos/as voluntarios/as do departamento de acción social á Residencia de Anciáns do Instituto Benéfico Social Pai Rubinos. Despois do éxito da convocatoria para o Grupo de Mozos Solidarios, na que se apuntaron case 50 alumnos entre 4º da ESO e Bacharelato, é o memoneto da primeira gran actividade de voluntariado ofrecida no presente curso polo Departamento de Acción Social e protagonizada polos nosos alumnos e alumnas. Manterémosvos informados puntualemnete das novidades desta actividade de convivencia interxeracional que nos enche de orgullo a todo o colexio
.


05- RETIRO ESPIRITUAL
Departamento de Pastoral. Crónica de Jorge Fernández Macho, alumno de Bacharelato

O retiro espiritual é unha actividade de reflexión e convivencia promovida polo departamento de pastoral e levada a cabo no convento de Bañobre. Alí tentamos atoparnos interiormente, sempre guiados polos nosos catequistas. A palabra "retiro" leva implícitas varias características significativas: Nada que nos poida distraer da nosa reflexión; Nin libros, nin teléfonos móbiles, nin computadores nin nada que poida influír na nosa reflexión e pártenos da verdadeira finalidade do retiro? PENSAR..

 

04- CEA DE HOMENAXE

O pasado venres 30 de setembro celebrouse unha cea de homenaxe e despedida aos pofesores que se xubilaron o curso pasado ou a comenzos deste. Estamos a falar (nas fotos, de esquerda a dereita) de Camilo Porto Dolores Quelle, Juan Sebelón, Luis Sánchez Marín Pizarro e Francisco Rúa. Dámoslles dende aquí as grazas polo seu traballo de todos estos anos e desexámoslles moita sorte nesta nova estapa da súa vida.

03- CONVOCATORIA G.J.S. "ES DOS QUE MIRAN OU DOS QUE FAN?"
Departamento de Acción Social

O departamento de acción social do noso colexio comezou a súa actividade coa convocatoria de voluntariado para o presente curso. Todos/as os alumnos e alumnas dos cursos de 4º de ESO e Bacharelato teñen a posibilidade de pertencer ao Grupo de Mozos e Mozas Solidarios, que levará a cabo durante todo o curso proxectos de voluntariado e axuda á comunidade, así como a organización e colaboración nas actividades e campañas que dependan do departamento de acción social. Como nos últimos anos, espérase que o número de alumnas e alumnos comprometidos aumente e que unha vez máis o noso G.M.S. sexa un dos puntos fortes do departamento de acción social do noso centro. Para este fin, a carteleira do DAS engalanouse, e elaboráronse circulares para os alumnos e alumnas interesados/as. Nos próximos días, comezarán as reunións informativas para os cursos implicados. Manterémoslles informados.


02- COMENZO DAS CLASES-TABOLEIROS DE BENVIDA
Sección: Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato
Todos os titores saúdan aos seus alumnos e ao novo curso con estupendas mensaxes nos taboleiros nas aulas e por todo o colexio. Algúns destes traballos están feitos con axuda dos propios alumnos. Outros grupos fixeron entre todos carteis de presentación. Pica nas fotos para ver máis de preto algunhas destas pequenas obras de arte.

01- COMENZO DAS CLASES EN INFANTIL E PRIMARIA
Sección: Infantil e Primaria

O 12 de Setembro os profesores de infantil e primaria dan a benvida ás alumnas e alumnos deste novo curso escolar 2011-2012. Os corredores xa están preparados e as profesoras recíbenvos con ilusión. Desde aquí desexamos que este novo curso sexa bo para todos

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA